SOBRE MIN

Slice-1.png

A DecOUradora con Alma

María Cabanelas

Natural de Ourense, María Cabanelas crece en Santa Cruz rodeada de piñeiros, carballos e follas de vide, xunto aos montes de Trasalba.

Foi a súa nai a que, redecorando a súa casa, esperta o seu entusiasmo pola decoración, que se vai incrementando logo polo seu gusto pola arte, os museos, o cinema clásico e as antigüidades.

Tras estudar Proxecto e Dirección de Obra na Escola de Arte Antonio Faílde, María abre a súa primeira tenda na Rúa Ramón Cabanillas, en pleno corazón de Ourense. A súa especialidade: encher de vida os recunchos especiais. Porque iso, segundo ela mesma define, é decorar con alma.

E é que, máis aló da estética, imprescindible en decoración, o esencial dun espazo ben decorado é conseguir que teña alma. E iso non é outra cousa que darlle vida a partir da experiencia e os gustos propios de quen o habita. Porque a decoración dun fogar debe inspirarnos cada vez que o contemplamos. En logralo, está a clave do seu traballo.

Produto engadido ao carro
0 produtos - 0,00

enkel

Furniture for life

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo